miércoles, 19 de diciembre de 2018

GASTRONOMÍA DE NADAL

O alumnado de todos os grupos de primaria organizouse en grupos para investigar e responder as preguntas sobre gastronomía de Nadal que apareceron nuns paneis no corredor. Elaborada a información compartiuse colocando nos paneis as respostas  e as fotografías. Logo pasaron a ler e coñecer todos os traballos expostos.
Nas aulas cubriron un test para comprobar canto aprenderan.
Aqui tedes unhas fotos dos paneis  con información sobre pratos e doces típicos do Nadal en diferentes lugares.


 

Ademais, durante o mes de decembro tivemos no corredor unha selección de libros de Nadal da nosa biblioteca para a Hora de ler. 



lunes, 17 de diciembre de 2018

BOLETÍN E GUÍA DE NADAL


domingo, 16 de diciembre de 2018

LECTORES/AS DE 5º e 6º RECOMENDAN

Leire (6ª), Aventura en la montaña. Blyton Enid. É un libro entretido e divertido.
Iker (6º), 365 pingüinos. Jean-Luc Fromental. Os protagonistas son animais, é moi divertido.
Aroa (6º), Diario de Nikki. Rachel Renee Rusell. libro moi entretido que reflexa a vida dunha adolescente que poderías ser tí.
María (5º), Ottoline y la gata amarilla. Chris Riddell. Historia de aventuras na que a protagonista é unha nena moi curiosa que resolve misterios coa axuda dun amigo.
Sara (5º), Perrock Holmes. Isaac Palmiola. Suspense, aventura e moito humor.
Nuria (5º), Fafarraios. Gloria Sánchez. Un libro de poemas con moitos personaxes imaxinarios. Xenial!


VISITAS 1º TRIMESTRE
Aquí deixamos unha reseña das visitas relacionadas co noso proxecto "A saúde é a nosa meta" deste 1º trimestre.
Sobre estas visitas o alumnado elaborou noticias e reportaxes para o periódico escolar ou o Faro da Escola.

O alumnado de 4º, 5º e 6º visitou a empresa Algamar que comercializa algas. Coñeceron diferentes tipos de algas. Aprenderon sobre os tratamentos aos que someten este producto: lavado, desecado e envasado. Coñeceron algúns productos que elaboran...

Os nenos e nenas de Infantil aprenderon sobre a elaboración do pan en Aproinpa e mesmo foron panadeiros e panadeiras por un día.


Os compañeiros de 1º, 2º e 3º tamén andiveron metidos coas mans na masa e visitaron as instalacións onde elabora o pan e doces a panadería O Cruceiro. Fixeron croissants.


En dúas xornadas diferentes os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º por unha banda e infantil e 1º por outra visitaron o Museo e o estadio de Balaídos. 
Coñeceron a historia do clube, a súa mascota, viron os trofeos, estiveron no terreo de xogo, nos vestiarios, na sala de prensa... Simularon unha roda de prensa na que uns fixeron de periodistas e outros de xogadores.





lunes, 5 de noviembre de 2018

SAMAíN
Para a xornada de Contos de Medo que organiza o equipo de Dinamización da Lingua Galega en 4º de primaria creamos un conto no que o protagonista é o monstro co que decoramos a porta da nosa aula. Titulámolo Hai un monstro na porta da nosa clase.


domingo, 4 de noviembre de 2018

SAMAÍN: CONTOS DE MEDO

O equipo de dinamización da lingua galega organizou para o 31 de outubro a xornada de contos de medo. Son contos elaborados polo alumnado de 4º, 5º e 6º que se len ou dramatizan para tod@s @s compañeir@s de primaria.
Ademais, o equipo de biblioteca levou ao corredor de primaria unha selección de libros de medo. Estiveron alí durante dúas semanas para a hora de ler.
 
 

domingo, 28 de octubre de 2018

PORTAS DE MEDO
Este ano polo Samaín decoramos todas as portas das aulas para a ocasión. Daban medo!






viernes, 26 de octubre de 2018

LEMA DAS BIBLIOTECAS ESCOLARES PARA O CURSO 2018-19:
POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR

POÉTICAS DIVERSAS NA BIBLIOTECA ESCOLAR é o lema que a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional  propón ás bibliotecas escolares para o curso 2018/2019. 
Preténde animar a descubrir a poesía que nos rodea, coñecer diferentes formas de creación poética, animar a xogar coas palabras e atreverse a compoñer poemas, achegarse a obra dalgúns poetas (sobre todo galegos), recitar poemas... E para esto   apoiarse nos recursos e nas posibilidades da biblioteca escolar. 

miércoles, 24 de octubre de 2018

CARTILLAS DE BO LECTOR
Unha das novidades da nosa biblioteca neste curso é a cartilla de bo lector. Nela, a nosa mascota Xaquín, fai unhas recomendacións de lectura dirixidas ás distintas idades de primaria. Cada vez que @ nen@ realiza unha das lecturas selarase o cadro correspondente. Completadas todas as lecturas obterase un diploma acreditativo e unha pegatina do proxecto deste curso escolar. Temos unha cartilla amarela para 1º, 2º, 3º e 4º e outra verde para 5º e 6º.
Ánimo, campións da lectura!

domingo, 21 de octubre de 2018

DÍA MUNDIAL DA ALIMENTACIÓN
O día 16 de outubro celébrase, desde o ano 1979, o Día Mundial da Alimentación. Xa que o noso proxecto de biblioteca trata sobre a saúde, no colexio inauguramos un mural coa pirámide da alimentación saudable a actividade física. Completamos unha ficha con datos relativos á pirámide.
O obxectivo era tomar conciencia da importancia da alimentación e a actividade física para unha boa saúde.
Aquí tedes unhas fotos e as fichas que completamos.






lunes, 15 de octubre de 2018

FROITOS DO OUTONO
Para coñecer os froitos de tempada propios de cada estación este curso colocaremos no corredor, moi preto da biblioteca, exposicións de froitos de cada estación. Os compañeiros e as caompañeiras de infantil comezan esta actividade cos froitos do outono.

viernes, 21 de septiembre de 2018

MOCHILAS VIAXEIRAS
Este venres saíron do colexio as primeiras mochilas viaxeiras, o resto chegarán ás casas nas próximas semanas. Esperamos que as disfrutedes. 
Levan libros de información e de ficción, película, libro para pais/nais, algunhas libros en inglés e revista e as dos máis pequenos un xogo. 



lunes, 17 de septiembre de 2018

TEMA DO PROXECTO DE BIBLIOTECA 2018-19

Estamos comezando o novo curso e na biblioteca xa estamos preparando as primeiras actividades. Pero nesta primeira entrada querémosvos presentar o tema do proxecto de biblioteca para este curso:
"A saúde é a nosa meta". 
Baixo este título queremos recoller dous aspectos esenciais para unha boa saúde, a alimentación saudable e a actividade física regular.
Seguro que entre todos aprenderemos a estar máis sans e fortes.



miércoles, 20 de junio de 2018

NENOS E NENAS MÁIS LECTORES DO CURSO 2017-2018
Xa temos a foto dos nenos e nenas que máis libros levaron en empréstito da nosa biblioteca.
Agora que chega o verán é bo momento para aficionarse á lectura, facede como estas compañeiras/o vosos e disfrutade dun libro.

sábado, 16 de junio de 2018

EXPOSICIÓN  GUIADA SOBRE OS PROXECTOS DOCUMENTAIS DE 
"UN MUUU...NDO DE ANIMAIS"
O día 14 de xuño moitos dos pais e nais doso noso alumnado asistiron a unha visita guiada para coñecer os proxectos documentais de todos os cursos. Todos eles, claro está, trataban sobre animais. 
Foi unha xornada enriquecedora para todos/as. Aquí vos deixamos algunhas fotos.


lunes, 11 de junio de 2018

NENOS E NENAS DE 1º e 2º RECOMENDAN LIBROS DA BIBLIOTECA

Seila  recoméndanos : Mini álbum de la granja. VV.A.A. Larousse.
Gustoume moito porque aprendo cousas da granxa

Iria aconséllanos ler: Un canguro polo Nadal. James Flora. Ed. Lata de  Sal.
Gustoume  porque fala do Nadal e   a protagonista lle regalan un canguro”

Ana quere recomendar: El sueño de Pipa. Thomas Docherty. Anaya.
Gustoume porque a nena ía vivindo aventuras mentres buscaba o seu soño”.

Leire  recomenda: Rosa caramelo. Adela Turín. Kalandraka.
Unha elefantita é obligada polos seus pais a comer flores para ser rosa como as outras elefantitas, pero ela  quere ser  gris como eos elefantitos e xogar no barro”.

Aldara aconsella ler: Pierre el detective de laberintos. Hiro Kamigaki. Blume.
“Pareceume chulo e gustoume moito”

Anxo: colección Sito Kesito. Dav Piekey. S.M.
Gustoume porque loitan e a min gústame a loita


viernes, 8 de junio de 2018

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURA DO 3º TRIMESTRE


jueves, 26 de abril de 2018

DÍA DO LIBRO: APADRIÑAMENTOS LECTORES

O 23 de abril, con motivo da celebración do Día do Libro, volvemos a realizar a actividade dos apadriñamentos lectores. Xa que estaba un bonito día os/as nenos/as decidiron sair ao patio co seu conto. Unha vez máis os maiores fixeron que os seu afillados/as disfrutasen escoitando un conto especialmente elexido para eles.
Logo da lectura, a actividade plástica, nesta ocasión un animal en títere de dedos.