miércoles, 5 de abril de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS
Este martes 4 de abril o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de charlar na nosa biblioteca coa escritora Ledicia Costas.
Falaron sobre os libros que leron desta autora: Escarlatina, a cociñeira defunta (gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014) e Esmeraldina, a pequena defunta.
Foi unha charla moi entretida onde se fixeron moitas e variadas preguntas sobre os personaxes, o argumento, as receitas...

No hay comentarios:

Publicar un comentario