viernes, 7 de abril de 2017

NENOS E NENAS DE 3º E 4º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Mauro (3º) 
Recomendo os libros de Diario de Greg. Son divertidos, como cando Greg está no maleteiro do coche coas maletas por encima del.
Nuria (3º)
Aconsello que leades o libro "Carlota y el misterio del canario". É de aventuras e a min encántame ler estes libros.
Noelia (3º)
Eu elexín para recomendar "Artefactes". Pareceume bonito e moi interesante. Trata dun neno que tiña como afección camiñar pola praia a solas. Un día atopou un libro no que puña que o país doutro neno ía ser destruido. Así que arrancou as páxinas dos libros que máis lle gustaban, logo fixo unha bola con todas esas páxinas...
Leire (4º)
Recomendo "¡Salvemos el Nautilus!". É moi divertido. Tamén lin "¡llega el Sr. Flat! que é o libro anterior desta colección.
Brais (4º)
A min gústanme as revistas de Reportero Doc. Teñen información de animais e outros temas e fotos impresionantes.
María (4º)
Gustoume moito "Diario de Greg 8". Neste libro Greg ten un amigo que cando ten novia non lle fai a el moito caso.

No hay comentarios:

Publicar un comentario