viernes, 28 de abril de 2017

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... APADRIÑAMENTOS LECTORES
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria foron buscar as súas aulas aos seus afillad@s para lerlles un conto que escolleran con moita ilusión. Cada parella buscou un lugar onde estar cómodos e disfrutar da lectura.
Logo cada un coloreou unha rosa, típica do Día do Libro, coa que agasallou á súa parella.







domingo, 9 de abril de 2017

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DO 2º TRIMESTRE


viernes, 7 de abril de 2017

NENOS E NENAS DE 3º E 4º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Mauro (3º) 
Recomendo os libros de Diario de Greg. Son divertidos, como cando Greg está no maleteiro do coche coas maletas por encima del.
Nuria (3º)
Aconsello que leades o libro "Carlota y el misterio del canario". É de aventuras e a min encántame ler estes libros.
Noelia (3º)
Eu elexín para recomendar "Artefactes". Pareceume bonito e moi interesante. Trata dun neno que tiña como afección camiñar pola praia a solas. Un día atopou un libro no que puña que o país doutro neno ía ser destruido. Así que arrancou as páxinas dos libros que máis lle gustaban, logo fixo unha bola con todas esas páxinas...
Leire (4º)
Recomendo "¡Salvemos el Nautilus!". É moi divertido. Tamén lin "¡llega el Sr. Flat! que é o libro anterior desta colección.
Brais (4º)
A min gústanme as revistas de Reportero Doc. Teñen información de animais e outros temas e fotos impresionantes.
María (4º)
Gustoume moito "Diario de Greg 8". Neste libro Greg ten un amigo que cando ten novia non lle fai a el moito caso.

miércoles, 5 de abril de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS
Este martes 4 de abril o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de charlar na nosa biblioteca coa escritora Ledicia Costas.
Falaron sobre os libros que leron desta autora: Escarlatina, a cociñeira defunta (gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014) e Esmeraldina, a pequena defunta.
Foi unha charla moi entretida onde se fixeron moitas e variadas preguntas sobre os personaxes, o argumento, as receitas...