viernes, 22 de diciembre de 2017

GUÍA DE LECTURA E BOLETÍN DE NADAL

LECTORES/AS DE 5º e 6º RECOMENDAN
Neste final de trimestre o alumnado de 5º e 6º recomenda  libros da nosa biblioteca a os seus compañeiros de compañeiras.

María:   El misterio de la perla giganteGeronimo Stilton
Trata sobre unha perla perdida no mar e encántame o mar. Ten misterio e un final feliz.

Diana: En busca del escarabajo azul. Tea Stilton. 
é divertido e está ambientado en Exipto.

Tina : cómics  das  Witch
As protagonistas son cinco chicas que teñen superpoderes.

Verónica :  Los diez pájaros de Elster. Ana Campoy.
O protagonista é un neno que fai trastadas e o seu pai o castiga unha noite no calabozo onde coñece a un misterioso home..

Ariadna: Sementes de papel. Bea Gil.
Pareceume divertido e realista; aprendes sobre cousas que suceden no mundo real.

Pablo:  Futbolísimos , El misterio de la lluvia de meteoritos.  Roberto García Santiago.
Neste libro mestúrase o fútbol e a aventura e ademais é gracioso.

lunes, 9 de octubre de 2017

DÍA MUNDIAL DOS ANIMAIS
O día 4 de outubro celébrase o Día Mundial dos animais. Un dos obxectivos desta celebración é recoñecer e agradecer a forma en que os animais enriquecen as nosas vidas. 
Para coñecer e reflexionar sobre o feito de que os animais que eleximos como mascotas son seres vivos que precisan duns coidados e do noso cariño e que non podemos abandoalos, lemos nas aulas o conto ¡Bienvenido a casa, Max! e logo fixemos uns traballos que están expostos nos corredores e na biblioteca.









MOCHILAS VIAXEIRAS
Durante estes días están iniciando a súa viaxe polas casas do noso alumnado as mochilas viaxeiras.
Este ano levan moitos animais; por que será...?


domingo, 17 de septiembre de 2017

"UN MUUU...NDO DE ANIMAIS"
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para o curso escolar que comeza.
A través deste blog teredes información sobre moitas das actividades que realizaremos durante o curso relacionadas cos animais e sobre outras propias da biblioteca e o fomento da lectura.
Aqui tendes o cartel do proxecto deste curso 2017-18.

domingo, 25 de junio de 2017

BOLETÍN E GUÍA DE LECTURA DO 3º TRIMESTRE
Aqui tedes o boletín coas actividades do terceiro trimestre e a guía de recomendacións lectoras para o verán.

MÁIS LECTORES/AS DO CURSO 2016-17
Xa temos a lista dos/as nenos e nenas que neste curso levaron emprestados máis libros da nosa biblioteca. Noraboa a todos eles!
E agora que estades de vacacións animádevos e buscade a compaña dalgún libro: de aventuras, sobre un tema que vos guste, de banda deseñada, de humor... hai moitos libros que che poden interesar.
Le e disfruta!

lunes, 19 de junio de 2017

TEMA DA BIBLIOTECA PARA O CURSO 2017-2018
Para elexir o tema do noso proxecto de biblioteca para o curso próximo organizamos unhas votacións nas que participaron todos os nenos e nenas do colexio (agás sexto de primaria, que non serán alumnado deste centro o vindeiro curso).
O equipo de biblioteca preparou uns vídeos sobre os temas propostos polo alumnado e profesorado: os deportes, os animais, o cine e os alimentos.
O día das eleccións, na biblioteca, viron os vídeos e logo marcaron nunha papeleta o seu tema favorito e o depositaron nunha furna.
O tema que resultou elexido foiOS ANIMAIS

  

miércoles, 14 de junio de 2017

NENOS E NENAS DE 1º e 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Saray (1º curso) recomenda Tento e mailo oso de peluche de Ricardo Alcántara. "Ten debuxos bonitos e me gustan os cans".

Antía (1º curso) recomenda os libros da colección Sito Kesito de Dav Pilkey. "Gústame cando pelexan e os fliporamas".

Ana Lía (2º curso) recoméndanos La vuelta al mundo de Mouk de Marc Boutavant. "Porque é de aventuras e me gusta viaxar".

Elena (2º curso) recomenda La biblioteca de Basora de Jeanette Winter. "Porque trata de una biblioteca e libros".

Lucas (2º curso) recoméndanos 365 pingüinos de Jean Luc Fromental. "Gustame como van chegando os pingüinos á casa".

Lucía (1º curso) recomenda Polar bear de Eric Carle. "Porque aprendes inglés e ten uns debuxos moi bonitos".


viernes, 5 de mayo de 2017

LETRAS GALEGAS 2017
CARLOS CASARES
Como xa saberedes neste ano o Día das Letras Galegas adícase a Carlos Casares.
Casares foi un gran novelista con moitas obras editadas. tamén publicou varios libros de literatura infantil. Na nosa biblioteca podes atopar exemplares dalgunhas das súas obras.


viernes, 28 de abril de 2017

PARA CELEBRAR O DÍA DO LIBRO... APADRIÑAMENTOS LECTORES
Os nenos e nenas de 3º, 4º, 5º e 6º de primaria foron buscar as súas aulas aos seus afillad@s para lerlles un conto que escolleran con moita ilusión. Cada parella buscou un lugar onde estar cómodos e disfrutar da lectura.
Logo cada un coloreou unha rosa, típica do Día do Libro, coa que agasallou á súa parella.







domingo, 9 de abril de 2017

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE RECOMENDACIÓNS DE LECTURA DO 2º TRIMESTRE


viernes, 7 de abril de 2017

NENOS E NENAS DE 3º E 4º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA
Mauro (3º) 
Recomendo os libros de Diario de Greg. Son divertidos, como cando Greg está no maleteiro do coche coas maletas por encima del.
Nuria (3º)
Aconsello que leades o libro "Carlota y el misterio del canario". É de aventuras e a min encántame ler estes libros.
Noelia (3º)
Eu elexín para recomendar "Artefactes". Pareceume bonito e moi interesante. Trata dun neno que tiña como afección camiñar pola praia a solas. Un día atopou un libro no que puña que o país doutro neno ía ser destruido. Así que arrancou as páxinas dos libros que máis lle gustaban, logo fixo unha bola con todas esas páxinas...
Leire (4º)
Recomendo "¡Salvemos el Nautilus!". É moi divertido. Tamén lin "¡llega el Sr. Flat! que é o libro anterior desta colección.
Brais (4º)
A min gústanme as revistas de Reportero Doc. Teñen información de animais e outros temas e fotos impresionantes.
María (4º)
Gustoume moito "Diario de Greg 8". Neste libro Greg ten un amigo que cando ten novia non lle fai a el moito caso.

miércoles, 5 de abril de 2017

VISITA DE LEDICIA COSTAS
Este martes 4 de abril o alumnado de 5º e 6º tivo a oportunidade de charlar na nosa biblioteca coa escritora Ledicia Costas.
Falaron sobre os libros que leron desta autora: Escarlatina, a cociñeira defunta (gañador do Premio Merlín de Literatura Infantil 2014) e Esmeraldina, a pequena defunta.
Foi unha charla moi entretida onde se fixeron moitas e variadas preguntas sobre os personaxes, o argumento, as receitas...

miércoles, 29 de marzo de 2017

VISITA DE FRAN ALONSO
O pasado día 24 recibimos na nosa biblioteca ao escritor Fran Alonso, nesta ocasión, falou sobre poesía aos alumnado de 5º e 6º de infantil; 1º, 2º, 3º e 4º de primaria.
Todos estes alumnos e alumnas leran libros de poesía deste autor e fixeron tamén actividades de creación e ilustración de poemas.





martes, 28 de febrero de 2017

UN ENTROIDO HISTÓRICO
O xoves 23 de febreiro celebramos no cole  o Entroido. Lucimos os disfraces elaborados nas aulas nun desfile de comparsas ata a igrexa de Quintela.
foi un Entroido histórico, xa que os disfraces estaban ambientados nas distintas idades da historia en relación co noso proxecto deste curso.



jueves, 16 de febrero de 2017

ORDES DO MECO PARA O ENTROIDO
Xa chega o Entroido. Aqui tedes as ordes do noso Meco para a semana do 20 ao 24 de febreiro. Ánimo e pasádeo ben nestas festas.

domingo, 12 de febrero de 2017

VISITA Á VILLA ROMANA DE TORALLA
O día 9 de febreiro alumnado de 3º e 4º visitou a Villa romana de Toralla. Esta visita guiada está incluida no noso proxecto deste curso As Idades da Historia. Os nenos e nenas destes grupos están a realizar diversos traballos relacionados coa Idade Antiga.

lunes, 30 de enero de 2017

ESCRITORES QUE NOS VISITARÁN
Durante este curso recibiremos na biblioteca do noso cole a visita do escritor Fran Alonso. Nenos e nenas de infantil e primaria pediron aos Reis Magos algúns libros deste poeta galego: O meu gato é un poeta, Cidades, Poemas birollos para ler cos ollos.










Nenos e nenas de 5º e 6º recibirán a visita da escritora Ledicia Costas. Están lendo os libros: Escarlatina a cociñeira defunta (Premio Nacional de Literatura Infantil e Xuvenil, 2015) e Esmeraldina a pequena defunta.