martes, 26 de abril de 2016

DÍA DO LIBRO 2016
Este venres 22 de abril, para celebrar no cole o Día do Libro fixemos a actividade dos apadriñamentos lectores. Nenos e nenas maiores len un conto, por eles/as escollido, a un neno/a pequeno.
Rematada a lectura fixeron xuntos unha manualidade relacionada co noso proxecto deste curso Contos e lendas. Puxeron a súa cara a un personaxe de conto: Carapuchiña, Pulgarcito, Pinocho, Brancaneves, Aladino... había moitos para elexir. Aqui tedes unhas fotos destas dúas actividades.

 



jueves, 14 de abril de 2016

A MÁSCARA DO LEÓN
Nenos e nenas de infantil cos seus profesor@s presentaron a tod@s @s compañeir@s do colexio unha preciosa cutametraxe que fixeron sobre o libro A máscara do león, escrito por Margarita del Mazo e publicado pola editorial OQO
A película foi elaborada para participar no programa "Nós tamén creamos!" do Plan Proxecta. Este programa é unha inicitiva da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que pretende fomentar a lingua galega a través da creatividade e a incorporación das novas tecnoloxías nas aulas, creando curtametraxes en galego.
A editorial OQO, colaboradora do programa, donou a nosa biblioteca unha colección de contos en galego.


martes, 5 de abril de 2016

II XORNADA DE CONTOS
Martes, 5 de abril celebramos a segunda xornada de contos.

1º de primaria: Os tres porquiños
6º de primaria: Rapunzel
5º de Primaria: A ratiña presumida
















viernes, 1 de abril de 2016

XORNADA DE CONTOS
Este venres día 1 de abril, para celebrar o Día Internacional do Libro Infantil e Xuvenil, celebramos a nosa I XORNADA DE CONTOS. Os/as nenos e nenas de 2º, 3º, e 4º foron os protagonistas deste día. Aquí tendes o programa e unhas fotos.

            4º de Primaria: Los músicos de Bremen
            2º de Primaria: Carapuchiña
            3º de Primaria: O gato con botas