viernes, 28 de octubre de 2016

O SAMAÍN E OS CONTOS DE MEDO
O venres 28 de outubro os nenos e nenas de 4º, 5º e 6º contamos aos compañeiros e compañeiras de primaria os contos de medo que escribimos para a ocasión. 
O escenario estaba cheo de cabazas e teas de araña, houbo nenos e nenas disfrazados e mesmo contos con efectos especiais... 






miércoles, 26 de octubre de 2016

CONTAPINTACONTOS CON OLALLA E MARC
O mércores, día 26, tivemos a sorte de asisitir na nosa biblioteca a unha sesión de contacontos moi especial. A profesora Olalla González contounos algúns contos que ía ilustrando Marc Taeger (ilustrador dalgúns contos infantís da editorial Kalandraka). Mesmo houbo  contos as escuras ilustrados con pinturas que se podían ver na escuridade. Foi moi interesante!

viernes, 21 de octubre de 2016

MOCHILAS VIAXERAS
Xa empezaron a circular polas casas dos nosos alumnos e alumnas as mochilas viaxeiras. Como todos os anos procuramos que haxa novidades e libros interesantes. Disfrutádeas e sede puntuais á hora de devolvelas ao colexio.

jueves, 20 de octubre de 2016

HISTORIA DA BIBLIOTECA
Coa chegada do Día Internacional da Biblioteca (24 de outubro) deixamosvos un vídeo sobre as bibliotecas ao longo das distintas épocas da historia.

lunes, 17 de octubre de 2016

PROXECTO DE BIBLIOTECA: 
AS IDADES DA HISTORIA
Este foi o tema elexido para o curso 2016-17. Para aprender sobre as etapas da historia faremos moitas actividades das que teredes noticia neste blog. Ademais cada curso vai traballar no seu propio proxecto con actividades de investigación, visitas, lecturas...
En educación Infantil: A Prehistoria
En 1º e 2º: A Idade Media
En 3º e 4º: A Idade Antiga
En 5º e 6º: A Idade Contemporánea.