viernes, 17 de junio de 2016

NENOS E NENAS MÁIS LECTOR@S DO CURSO 2015-16
Puxemos a funcionar o noso programa de biblioteca e descubrimos que os nen@s que máis libros levaron emprestados á súa casa neste curso que remata foron:
Lucas de 1º                 Paula de 2º
Uxía de 3º                   Verónica de 4º
Andrea M. de 5º          Germán de 6º

Noraboa a todos eles por ser uns bos lectores e ánimo a tod@s para que elixades neste verán a compañía dalgún libro que vos resulte interesante e vos faga disfrutar de bos momentos. 

jueves, 9 de junio de 2016

BOLETÍN DE ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE E GUÍA DE LECTURAS DE VERÁN
A guía con suxerencias de lectura para o verán foi elaborada conxuntamente polas bibliotecas de Redondela.


miércoles, 8 de junio de 2016

LECTOR@S DE 1º E 2º RECOMENDAN LIBROS DA NOSA BIBLIOTECA



Ana Lía (1º)
Josefina no puede dormir. Alexander Steffensmeier. Anaya.

Gustanme os libros da vaca Josefina porque fai cousas como xogar ao escondite.










Lucas (1º)
Colección Sito Kesito. Dav Pilkey. SM.

Son de aventuras e moi divertidos. Ademais os libros teñen fliporamas, se moves a páxina parece que a imaxe se move.











Marta (1º)
Cuando soy amable. Trace Moroney. SM

Gústame ler libros sobre sentimentos. Os debuxos son moi bonitos.














Noelia (2º)
Colección Junie B Jones. Barbara Park. Bruño.

A protagonista é unha nena moi divertida. Xoga coas súas amigas facendo que son cabalos.








Paula (2º)
Colección Kika Superbruxa. Knister. Bruño.

Son libros divertidos, ás veces ensinan cousas. A protagonista é Kika, te un irmán que se chama Dani. Kika pode facer maxia consultando un libro que era da bruxa Elvira.







Antía (2º)
El magnífico plan de lobo. Melanie Willianson. Edelvives.

É divertido como as ovellas conseguen enganar ao lobo. un conto no que aínda que o lobo parece máis grande e forte, as ovellas son máis listas. Demostra a importancia da intelixencia.