miércoles, 18 de mayo de 2016

TEATRO LIDO
Os días 16 e 18 de maio celebramos no cole as xornadas de Teatro lido.
Todos os grupos de primaria prepararan nas aulas obras de teatro para ler aos compañeir@s con boa pronunciación e entonación. Tod@s participaron. Esta é unha actividade organizada polo equipo de dinamización da lingua galega para a semana das Letras Galegas.
Aqui tedes o título das obras e unhas fotos.

  • 1º de primaria: O traxe novo do emperador.
  • 2º de primaria: Rosiña, a ratiña sordiña.
  • 3º de primaria: A ratiña feroz.
  • 4º de primaria: A noite das mudanzas.
  • 5º de primaria: O parrulo feo.
  • 6º de primaria: A avoa.




VISITAS DE ESCRITORES
Este luns 16 de maio recibimos, na nosa biblioteca, as visitas de Xosé Manuel González (Oli) e Alicia Borrás Sanjurjo.

Oli charlou c@s nen@s de 1º e 2º sobre os libros: Anibal quere encoller e Leocadio, o león. Tamén leu contos que traía no seu maletín e mesmo nos dixo que contos o animaron a ser escritor.


Alicia Borrás charlou co alumnado de 5º e 6º sobre os libros Nata y Chocolate e Nata y Chocolate invencibles e tamén sobre o importante que é ser persoas respetuosas cos demais.