viernes, 18 de marzo de 2016

BOLETÍN DE ACTIVIDADES E GUÍA DE LECTURAS DO 2º TRIMESTRE
Aquí tedes o boletín e a guía deste segundo trimestre.





21 de marzo, Día Mundial da Poesía
Durate o mes de marzo lemos poemas. Temos unha exposición de libros de poesía na nosa biblioteca e polas aulas de primaria circulou unha selección de poesía en empréstito da biblioteca municipal. Grazas por esta colaboración.
Ademais, hoxe venres, tod@s recitamos poemas na biblioteca do noso cole.


        


martes, 15 de marzo de 2016

VI FEIRA DO TROCO DO LIBRO
Na nosa Feira do Troco do Libro nenos e nenas de todos os cursos cambiaron os seus vales por libros. Esperamos que vos gusten os libros escollidos.

 

lunes, 14 de marzo de 2016

LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN
Neste segundo trimestre son nenos e nenas de 3º e 4º os que recomendan algún dos libros que máis lles gustaron.


María Lorenzo de 3º recoméndanos Entresombras y la cabalgata macabra de Roberto Aliaga.

Gústanme as historias de medo. Nesta o protagonista é un neno chamado Lucas.







Nicolás Pérez de 4º recomenda o libro La Odisea de Ulises de Catherine Mory.

Gústame a mitoloxía, os mundos antigos, os monstros os seus personaxes e as aventuras que viven.





A Uxía Soto de 3º gústanlle moito os libros da colección Animais domésticos ( O gato, O cabalo, O coello, a ovella...)
Gústanme os animais e estes libros teñen moita información e fotos de animais.





Verónica Lago de 4º recomenda Kika Superbruxa detective.

Gústanme os libros e as historias de detectives.




Carlota Alonso de 3º recoméndanos Zoé loves NY, da colección La banda de Zoé,  de Ana García Siñeriz.

Aventuras e viaxes con un grupo de amigos como protagonistas: Zoé, Marc, Alex, Liseta e un can, Kira.



A Adrián López de 4º pareceulle interesante El gran libro sobre Roma de Pau Joan Hernández.

É interesante ver que os romanos construían casas, pontes e grandes edificios, como o Coliseo, sen electricidade nin máquinas como as que hai agora.