miércoles, 17 de junio de 2015

ALUMN@S MÁIS LECTORES DO CURSO 2014-15
Xa remata o curso e aquí temos, co seu agasallo, aos nen@s que levaron máis libros emprestados da nosa biblioteca: Nuria de 1º, Leire de 2º, Nicolás P. de 3º, Andrea L. de 4º, Alba  O. de 5º e Nerea Á. de 6º.
Noraboa!. E para tod@s ... ¡ánimo! 
E recordade que o verán tamén e tempo para divertirse, imaxinar, vivir aventuras... lendo un libro.
 GUÍA COAS LECTURAS RECOMENDADAS PARA O VERÁN 2015 E BOLEÍN DE ACTIVIDADES DO 3º TRIMESTRE

lunes, 15 de junio de 2015

OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
E para rematar o curso aquí temos os libros da nosa biblioteca que nos recomendan en 1º e 2º.


PAULA de 1º
Dora, la ballena despistada. Laura Dotta. Ed. San Pablo.
Gustoume porque a balea ten moitos amigos. Os debuxos son bonitos.
 
MARÍA de 2º
Gatos. Guía Edimat.
Con este libro aprendes moito sobre gatos e ademais hai fotos de gatos moi bonitos e outros moi raros.
Na biblioteca atoparedes máis libros desta colección.







NURIA de 1º
Pupi y los fantasmas. María Menéndez. SM
Gustoume porque Pupi ten medo aos fantasmas e é gracioso. Ten moitos amigos.
Pupi é un pequeno extraterrestre que vive moitas aventuras cos seus amigos do planeta Terra. Na biblioteca hai outros dous libros desta colección.



NOELIA de 1º
Leila Blue, El prodigio de la oscuridad. Miriam Dubini. Ed. Anaya.
A min gústanme os libros de Leila Blue porque a protagonista é unha bruxa que fai maxia.



CARLOTA de 2º
Tea Stilton, La esmeralda del príncipe indio. Ed. Planeta.
É un libro divertido e con ilustracións moi bonitas. Nesta aventura as cinco amigas viaxan xuntas á India.


LEIRE de 2º
El tigre. Colección ¿Quién eres? Ed. Combel
Con estes libros aprendes moito sobre animais. Gústanme tamén as preguntas para comprobar o que vas aprendendo.
Na nosa biblioteca tedes outros libros desta colección: la pequeña jirafa, la mariquita...

viernes, 5 de junio de 2015

EXPERIMENTOS COA MATERIA
En 3º estudamos a materia e fixemos algúns experimentos na aula que queremos compartir con todos vos.


lunes, 1 de junio de 2015

VISITA DE RAMÓN CARIDE
O venres 29 de maio estivo na nosa biblioteca o escritor Ramón Caride.
Charlou con nenos e nenas de 1º, 2º, 3º e 4º sobre os personaxes dos seus libros e da influencia que tivo na creación de moitos deles, e mesmo nas aventuras que lles suceden, a súa filla Sara.