domingo, 28 de diciembre de 2014
miércoles, 17 de diciembre de 2014
OS LECTORES DA NOSA BIBLIOTECA RECOMENDAN...
Nenos e nenas de 3º ciclo queren recomendarvos algúns dos libros da biblioteca do noso colexio que lles gustaron especialmente. Aquí os tedes cos libros que vos aconsellan ler.Ao longo do curso outros nenos e nenas aparecerán neste blog comentando os libros que lles gustan.
Anímate e le!
Alba Otero de 5º
Libro que recomendo: La pequeña bruja de Benjamín Lacombe.
Trata dunha nena que atopa no faiado da casa da súa avoa un libro máxico. Gustoume porque é divertido e de aventuras.
Adrián Carrera de 6º
Quero recomendar os libros da colección Diario de Greg de Jeff Kinney.
Son moi divertidos, os debuxos son moi graciosos. Teñen sempre o mesmo protagonista, Greg. Son historias divertidas e emocionantes.
Ingrid Vidal de 5º
Recomendo este libro, Diario de Nikki de Rachel Renée, porque se te metes na historia é coma se vivises ti esa aventura. Ademais, gustoume porque ten una ensinanza: non tes que ser a máis popular para conseguir algo.
Nerea Álvarez de 6º
Gustoume moito o libro: Kika Superbruja y el vampiro del diente flojo de Knister.
A Dani, o irmán de Kika, vaille caer un dente. Kika cóntalle a historia dun vampiro ao que se lle movía un dente.
Aranza Pereira de 6º
Como estamos en Nadal recomendo: ¡Es Navidad, Stilton!
Gerónimo e Benjamín van a vivir moitas aventuras cando queren repartir os regalos de Nadal. Finalmente conseguirán repartilos e todos terán os seus regalos.
Germán Peleteiro de 5º
Quero recomendar as Guías Edimat de animais.
Teñen moita información interesante sobre os animais e tamén moitas imaxes. Son moi interesantes.
Atoparás estes libros e moitos máis na biblioteca do colexio.
miércoles, 5 de noviembre de 2014
POLO MUNDO ADIANTE
Este é o título do noso proxecto de biblioteca para este curso 2014-15. Queremos viaxar "polo mundo adiante". Coñeceremos os continentes e os océanos do noso planeta, aprenderemos a localizar algúns países, investigaremos sobre outros pobos, outras culturas, tradicións, coñeceremos monumentos e lugares emblemáticos... Seguro será divertido! Xa temos na nosa biblioteca unha selección de libros sobre estes temas e algún dos debuxos que fixemos nas aulas.

martes, 28 de octubre de 2014
LIBROS SOLIDARIOS. CAMPAÑA DE RECOLLIDA DE ALIMENTOS DAS BIBLIOTECAS DE REDONDELA
Xunto coas bibliotecas municipais e outras bibliotecas escolares do noso concello participamos nesta campaña de recollida de alimentos, productos de limpeza...
Por cada aportación solidaria podedes levar un libro. Temos libros para maiores e de literatura infantil. Logo do 28 de novembro as doazóns serán recollidas e distribuidas por Caritas Redondela.
martes, 21 de octubre de 2014
viernes, 10 de octubre de 2014
miércoles, 18 de junio de 2014
Alumn@s máis lector@s do curso 2013-14
No noso cole hai moitos nenos e nenas aos que lles gusta ler, saben que cun libro poden divertirse, imaxinar, aprender... Nesta foto tedes aos que neste curso levaron máis libros emprestados da nosa biblioteca: Leire e Breixo de 1º, Ariadna de 2º, Carla de 3º, Alba de 4º, Aroa de 5º e Andrea de 6º. Noraboa a todos eles e que sigan crecendo como lectores. E para os demais ... ánimo! Seguide o seu exemplo e disfrutade da lectura.

sábado, 14 de junio de 2014
VISITOUNOS GONZALO MOURE
O venres 13 de xuño o escritor Gonzalo Moure estivo na nosa biblioteca. Os nenos e nenas de primeiro ciclo leran o seu libro El mejor amigo del perro e en segundo e terceiro ciclo Palabras de caramelo. Falamos dos seus libros, do oficio de escritor, do Sahara... e sobre todo gustounos a súa cercanía e a súa habilidade para comunicar sentimentos e emocións.

viernes, 23 de mayo de 2014
PARTICIPAMOS NO PROGRAMA DE RADIO PONTE... NAS ONDAS!
Os centros escolares de Redondela participamos na XX edición de Ponte... nas ondas!con programas radiofónicos elaborados en cada centro. É esta unha experiencia educativa na que participan sobre todo centros de Galicia e norte de Portugal. A emisión dos programas será o día 30 de maio de 10:00 a 22:00 horas (na FM das emisoras de radio).
O programa do noso colexio está feito polo alumnado de 5º de primaria e gravado en Radio Redondela. Trata sobre ditos e expresións da fala de Redondela. Aquí mesmo podes escoitalo.

jueves, 22 de mayo de 2014
viernes, 16 de mayo de 2014
domingo, 11 de mayo de 2014
LETRAS GALEGAS 2014
Cantar de cego elaborado polo alumnado de 5º de Primaria.
RECURSOS PARA TRABALLAR ESTA FESTIVIDADE NAS AULAS
Seminario GalánLIM CEIP Condesa de Fenosa
LIM CEIP Ballón
sábado, 10 de mayo de 2014
martes, 29 de abril de 2014
VISITA DO ESCRITOR GONZALO MOURE
Gonzalo Moure Trenor visitará o noso cole próximamente.
Para coñecer máis sobre a súa persoa e os libros que ten publicados tedes os seguintes enlaces.
Biografía (breve)
Para saber máis sobre Gonzalo Moure (sitio web oficial)
O Bubisher

lunes, 14 de abril de 2014
martes, 8 de abril de 2014
sábado, 5 de abril de 2014
martes, 18 de marzo de 2014
domingo, 23 de febrero de 2014
jueves, 6 de febrero de 2014
lunes, 20 de enero de 2014
DÍA DA PAZ 2014
O 30 de xaneiro celébrase o día da PAZ. Aquí deixamos algúns recursos para traballar co alumnado en torno a dous personaxes: Nelson Mandela e Vicente Ferrer.
Nelson Mandela, activista contra o apartheid, premio Nobel da Paz e expresidente sudafricano. Morreu recentemente, o 5 de decembro de 2013.
1. Libro en prezi, traducción e adapatación ao galego de "Me llamo ... Nelson Mandela"
2. Breve biografía e frases de Mandela
3. Para saber máis sobre Nelson Mandela
4. Que foi o APARTHEID? Presentación elaborada polo equipo de biblioteca do CEIP Quintela de Redondela
Vicente Ferrer, exmisioneiro e cooperante español que adicou a súa vida a axudar as persoas máis desfavorecidas na India. O pasado 9 de xaneiro estrenouse a película "Vicente Ferrer", centrada nos últimos 30 anos da súa vida.
1. Breve biografía
2. Para saber máis sobre Vicente Ferrer

martes, 7 de enero de 2014
Suscribirse a:
Entradas (Atom)