martes, 30 de abril de 2013

O DÍA 8 DE MAIO VISITARANOS...
Jacobo Fernández Serrano, ilustrador, pintor, debuxante, escritor.
Como autor de literatura infantil publicou: A gardería de dona Bixelmina, A pedra e as formigas, Mil cousas poden pasar (libros I e I), e en banda deseñada é o creador de Marcopola.
É ilustrador dos libros doutros escritores como:  a serie Aventuras de Nunavut de Xoán Abeleira ou A filla do ladrón de bicicletas de Teresa González Costa.
Podedes atopar a maioría destes títulos na nosa biblioteca.

Blog do autor:

viernes, 19 de abril de 2013

OS NOSOS EXPERIMENTOS COA AUGA



lunes, 15 de abril de 2013

CONTOS DO MEDIO

     O alumnado do 1º ciclo puido disfrutar desta actividade promovida polo Servizo de Normalización Lingüística do concello, en colaboración coa Concellaría de Ensino.
     Da man de FAIA Educación Ambiental acercámonos ao noso medio natural: as árbores, a fauna e a flora; a través da nosa lingua. Tamén seguimos con moito interés a historia de Xaime e as landras, da editorial Kalandraka.

 
 

martes, 9 de abril de 2013

Inventores e inventos galegos

martes, 2 de abril de 2013

DIA INTERNACIONAL DO LIBRO INFANTIL 2013

Lemos xuntos, ti e eu.
Vemos que as letras forman palabras
e as palabras convértense en libros
que estreitamos nas nosas mans.

Oímos murmurios
e ríos buliciosos nas súas páxinas,
osos que cantan
graciosas melodías á lúa.

Entramos en misteriosos castelos
e das nosas mans soben ata as nubes
árbores florecidas. Vemos nenas valentes que voan
e nenos que atrapan as estrelas.

Lemos xuntos. Ti e eu, dando voltas e voltas,
percorrendo o mundo coa alegría nos libros.

Poema de Pat Mora
Traducción: Concha Blanco