Biblioteca do C.E.I.P. Plurilingüe Quintela
Redondela
lunes, 23 de abril de 2012
Día do libro Neste día tan especial deíxovos este fermoso libro.
sábado, 14 de abril de 2012
As Bibliotecas Municipais de Redondela están dando a coñecer a Banda Deseñada por todos os coles do concello. Durante o mes de abril teremos na nosa biblioteca o baúl viaxeiro con libros para pequenos e adultos.
Na carta que vos entregaron @s vos@sfill@s vai a información sobre esta actividade.
martes, 10 de abril de 2012
Durante este trimestre, en todos os niveis, estivemos realizando distintas actividades e traballos sobre recoñecidos pintores: investigamos sobre a súa vida, coñecimos as súas obras e incluso emulamos o seu traballo. Algúns dos traballos realizados están expostos nos corredores do centro.
Este blog será unha porta aberta a todas as actuacións que se realicen por e na biblioteca. Tamén me gustaría que fose unha vía de participación de toda a comunidade educativa.