viernes, 28 de octubre de 2011

Visitamos a biblioteca

Tras a reorganización da biblioteca organizamos unha exposición de postais en pop-up realizadas polo alumnado. Complementando a visita á exposición cunha actividade de formación de usuarios.


 
 

  En Infantil representaron o outono e o Samaín na súas postais pop-up.

lunes, 24 de octubre de 2011

A pintura, unha arte que se achega á escola

Xa comezamos a traballar no novo proxecto que transformará o centro nunha gran pinacoteca.

Os máis pequenos acercaránse a obra pictórica de tres grandes artistas como son Kandinsky, Miró e Arcimboldo, mentres que en cada titoría de primaria profundizaremos na obra e o estilo pictórico de dous pintores, un deles galego.

Deste modo coñeceremos obras de Ma Dans, Maside, Urbano Lugrís, Seoane, Colmeiro, Maruja Mallo e Xavier Pousa, xunto con outras de Dalí, Van Gogh, Picasso, Andy Warhol, Velázquez, Mondrian e Monet.

sábado, 8 de octubre de 2011

Mochilas viaxeiras


Comezaron a súa andaina o 7 de outubro.
Soñar
cantar
aprender
divertirse, ...
todo é posible
http://issuu.com/biblioxaquin/docs/caderno_viaxeiro_2011-2012