viernes, 29 de abril de 2011

"Imaxinamos" con An Alfaya

Hoxe visitounos An Alfaya e fíxonos soñar coa súa imaxinación de arco da vella.


lunes, 11 de abril de 2011

Visitounos a BIBLIOCARAVANA

Bibliocaravana comezou no noso colexio a súa andaina polos centros de ensino de Redondela.
Dúas eran as actividades ofertadas polas bibliotecas públicas xunto co Equipo de Normalización do Concello :
- Vanesa e Rosalía, dúas alumnas do IES de Chapela que cursan un ciclo de educación infantil, sorprenderon os máis pequenos cunhas sesións de contacontos.
- O alumnado de 2º ata 6º de primaria visitou unha caravana na que poideron manipular libros e documentos nas diferentes linguas de toda a xeografía da Península. Por problemas técnicos, non foi posible a proxección dunha curta.

viernes, 1 de abril de 2011

Sesións de teatro lido

Para celebrar o día mundial do teatro, durante a hora de ler, realizaremos tres sesións de teatro lido a cargo do alumnado de primaria:

30 de marzo alumnado de 5º e 6º
31 de marzo alumnado de 1º e 2º
1 de abril alumnado de 3º e 4º