martes, 4 de mayo de 2010

LETRAS GALEGAS 2010



Uxío Novoneyra

A continuación tedes varios enlaces que vos permitirán traballar a fondo a vida e obra do persoeiro homenaxeado este ano na celebración do Día das Letras Galegas.


Debuxo de Guillerme Rguez.


Actividades para imprimir e actividades en liña para todos os ciclos.


Actividades LIM baseadas no conto Ilda, o corzo, o lobo e o xabarín para Infantil e 1º Ciclo e para o 2º e 3º ciclo de Primaria. Realizadas no C.E.I.P. Frián-Teis.







Os máis pequenos poden traballar coa LIM do conto A princesa do Caurel realizada por Belén Velasco.




X Concurso de Conto Breve
clasificados: Lucía Andrés Otero de 2º, Claudia Kaulback Amoedo de 3º e Inés Pérez de 5º.
clasificados: Rubén Machado Fdez. de 1º, Alex García de 4º e Tamara Monteagudo Rivas de 6º.

Os gañadores recibiron como agasallo unha mochila, unha libreta e un bolígrafo e cada aula de Educación Infantil, un libro.

Maratón Literario Letras Galegas 2010
En Educación Infantil formáronse catro grupos: azul, amarelo, vermello e verde; cada grupo tiña que completar tres quebracabezas diferentes sobre Uxío Novoneyra.
En Educación Primaria formáronse nove grupos compostos, cada un deles, por alumnos/as de cada curso. Cada grupo tiña que realizar dúas probas:
- Responder a 20 preguntas sacadas dos carteis de Tamén len.
- Unir e ordenar estrofas para formar tres poemas de Rosalía, Uxío Novoneyra, Cunqueiro, Manuel María...