jueves, 22 de abril de 2010

DÍA DO LIBRO 2010



Para celebrar o Día do Libro, programamos varias actividades que se ían desenvolver durante esta semana.
Adornamos as escaleiras do Centro cos carteis de TAMÉN LEN onde diferentes persoeiros galegos do mundo da cultura, o deporte, os espectáculos... nos invitan a ler.
Ao longo da semana e por cursos, o alumnado asistiu na biblioteca a unha sesión de contacontos levadas a cabo polo profesorado. Pedra, pau e palla, A paxariña, Hombre de color, Carapuchiña vermella, son os títulos dos contos narrados.
Os nosos alumnos/as tamén recibiron un agasallo de Xaquín cando visitaron a biblioteca.
E como colofón, o venres 23,o profesorado caracterizouse dun personaxe de conto.